mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axober constrúe o futuro empresarial dende os centros de ensino

Cafes Luas do Poligono de Bertoa espallando a cultura emprendodra con Axober
Visita a Cafés Lúa
Axober constrúe o futuro empresarial dende os centros de ensino

Arrincou o proxecto "Construíndo o Futuro: Empresas e Formación" co que a Axober quere fomentar a cultura emprendedora entre a mocidade da comarca de Bergantiños. Esta semana, 22 alumnos do CPI As Revoltas tiveron a oportunidade de coñecer de preto o mundo empresarial da comarca, cunha visita ao Polígono de Bértoa.

Comezaron a xornada nas oficinas centrais do Polígono de Carballo e nas instalacións do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio, onde descubriron os servizos de apoio ao emprendemento e o papel clave destas infraestruturas no tecido empresarial local.

alumnado en Jocar

A partir de aí chegaron as visitas concretas por diferentes marcas.
En Cafés Lúa, foron testemuñas do apaixonante proceso de tostado do café e de como se transforma ata chegar á cunca.
En Cociñas Jocar, adentráronse na fabricación de cociñas e puideron ver como o deseño e a innovación dan forma a cada proxecto.
Para rematar, en Grupo Dimolk, visitaron os concesionarios Peugeot Dimolk e Nissan Antamotor, onde coñeceron os últimos avances no sector da automoción e a importancia da atención ao cliente.

Alumnado con Axober en Nissan Carballo

”Unha mañá chea de aprendizaxe e inspiración”, aseguran dende Axober, que agradecen a colaboración das empresas. O proxecto continuará con novas visitas.

Construindo Futuro con Axober CPI As Revoltas

Máis novas

Comentarios