O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras

Comitiva do BNG na zona do estuario do Anllons

Por iniciativa da “Rede Galega por un Rural Vivo”, Ana Miranda, Daniel Pérez e Luis Bará, e Lucía Veciño, representantes do BNG no Parlamento Europeo, no Galego e na comitiva local, respectivamente, achegáronse á casa veciñal de Corme Aldea para analizar o proxecto do parque eólico Salgueiras (que afecta aos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica) e a repotenciación do parque eólico de Corme.

As xentes da zona incidiron na importancia do monte Salgueiras coma un legado cultural e paisaxistico, e analizaron o forte impacto que están soportando as aldeas do país coa implantación masiva de parques eólicos. A veciñanza da zona trasladoulle a “falta de participación no proceso eólico,o abusivos que son os proxectos eólicos e o desamparo da veciñanza ante as institucions públicas, Concelo e Xunta.”

O BNG escoitou as demandas e ratificou que reixeta o proxecto por “non respectar o medio ambiente, coa paisaxe e coas persoas, en tanto que o proxecto de eólico sitúase no estuario do río Anllóns, recoñecido como Monumento Natural dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos”. “Desde o BNG sabemos que a enerxía é un elemento estratéxico para impulsar o desenvolvemento económico de Galiza e que somos produtores e exportadores dela. Por iso defendemos unha enerxía limpa e renovábel que sexa respectuosa co medio, coa paisaxe e coas persoas”, subliñaron.

Destacan a necesariaprotección das brañas de Gondomil ata a praia de Valarés, e como non, do Monte Branco. “En numerosas ocasións denunciamos o mantemento das antenas de televisión no seu cumio, polo que agora aínda entendemos menos a instalación de 6 aeroxeradores nesta zona”, sinala ao respecto Lucía Vecino.

Ornitoloxía

Lembran ademais que se trata dunha zona fundamental para o avistamento de aves no noroeste peninsular, que se verán afectadas coa instalación dos aeroxeradores. “Desde a instalación do parque de Corme xa se constatou un cambio na súa traxectoria e son numerosas as que todos días impactan contra as aspas”, alertan desde o Bloque local.

 

Novas sobre os eólicos