Buscan no río Anllóns un home desaparecido esta mañá

Imaxe dunha zona do río Anllóns, preto de Ponteceso

Saltaba a alarma esta mañá no lugar de Anllóns Grande, en Ponteceso, cando a familia daba conta da desaparición dun home duns 63 anos. Segundo informaba a familia o home marchara pola mañá enviando unha mensaxe de despedida á coidadora. Eran ás 11:00h cando Protección Civil, como Policía Local e GES abría un dispositivo de busca coordinado pola Garda Civil.

Preto do mediodía o COS de A Coruña indicaba que todo apunta a que o señor afundiu no río Anllóns co coche, porque hai pegadas de rodas de coche que rematan no río, e que saen burbullas e manchas de combustible do río, a altura de López Cao.