Carballido bota outro membro da súa corporación

Faustino Santiago, á esquerda con parte da corporacion socialista de 2019

Faustino Santiago non quere facer declaracións aínda porque non ten confirmación oficial. Pero todo parece indicar que o cese, por parte do propio alcalde, do edil de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteceso é inminente, sendo avanza o Diario de Bergantiños.

Sería pois unha nova crise nos Socialistas de Ponteceso, que xa xusto antes das eleccións do pasado 2019 lamentaban a “hipocrisía” e o “afán de protagonismo” de Lois Carballido.

Unha situación que provoca que o grupo de goberno sexa absolutamente Unha das últimas decisións comprometidas foi sacar da orde do día un suplemento de 26.500€ para gratificacións pola produtividade do persoal. Unha partida que para a oposición “se reparte aleatoriamente”.

Novas relacionadas