Contando os días para a XXXIV Festa do Percebe do Roncudo
Presentouse onte oficialmente a XXXIV edición da Festa do Percebe do Roncudo, unha cita consolidada no calendario gastronómico galego, que se celebrará o 18 de xullo e que contribúe á promoción dun dos produtos do mar máis emblemáticos de Galicia e ao recoñecemento do labor das persoas profesionais do mar.
Durante a súa intervención, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón puxo en valor o papel deste tipo de iniciativas para achegar á cidadanía a calidade dos produtos pesqueiros galegos, favorecer o seu consumo e dinamizar economicamente os municipios costeiros. Neste sentido, salientou o compromiso da Xunta co impulso do sector pesqueiro e marisqueiro, así como coa promoción dos alimentos do mar capturados e producidos nas distintas rexións costeiras baixo criterios de calidade, sustentabilidade e respecto polo medio mariño.
Non faltou á cita Rosa Rodríguez, a redeira da Illa da Estrela que se xubila este ano, e que representa mellor que ninguén ao mundo do mar.