sábado. 11.07.2026
El tiempo

Contando os días para a XXXIV Festa do Percebe do Roncudo

O Percebe do Roncudo prepara a festa
Contando os días para a XXXIV Festa do Percebe do Roncudo

Presentouse onte oficialmente a XXXIV edición da Festa do Percebe do Roncudo, unha cita consolidada no calendario gastronómico galego, que se celebrará o 18 de xullo e que contribúe á promoción dun dos produtos do mar máis emblemáticos de Galicia e ao recoñecemento do labor das persoas profesionais do mar.

Durante a súa intervención, o   director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica,  Isaac Rosón puxo en valor o papel deste tipo de iniciativas para achegar á cidadanía a calidade dos produtos pesqueiros galegos, favorecer o seu consumo e dinamizar economicamente os municipios costeiros. Neste sentido, salientou o compromiso da Xunta co impulso do sector pesqueiro e marisqueiro, así como coa promoción dos alimentos do mar capturados e producidos nas distintas rexións costeiras baixo criterios de calidade, sustentabilidade e respecto polo medio mariño.

Non faltou á cita Rosa Rodríguez, a redeira da Illa da Estrela que se xubila este ano, e que representa mellor que ninguén ao mundo do mar. 

 

Comentarios