Corme espera máis atención dos políticos nas xornadas de contaminación lumínica

Co selo Destino Starlight como gran reclamo do sector turístico da Costa da Morte, a Asociación Insua de Viastela, pioneira na materia, espera que haia máis atención por parte dos políticos que o ano pasado nas III Xornadas de Contaminación Lumínica que artella en Corme este xoves 17 de agosto.

O MACCMO acolle a partir das 19:00h unha mesa redonda sobre “Ecoloxía e Política” con Alfonso Gómez Cruz, o alcalde cormelán de Xenebra, Martin Pawley, da Agrupación Astronómica ïo, e Salva Bará, profesor da USC.

Novas relacionadas

Outras novas sobre o Destino Starlight