Venres. 19.04.2024
El tiempo

“A noite é necesaria a pesar da falta de interese dos nosos políticos”

Xornadas de Contaminacion Luminosa de Corme
Imaxe da charla do MACCMO
“A noite é necesaria a pesar da falta de interese dos nosos políticos”

Volvía reflexionar a veciñanza de Corme sobre a contaminación luminosa. Un asunto que está moi de actualidade nestes tempos de andainas astronómicas e nos a Costa da Morte quere posicionarse como ‘Destino Starlight’.

A Asociación Insua de Viastela organizaba as segundas Xornadas sobre o asunto, e invitaba a achegarse ao Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte de Corme (MACCMO) a todas as corporacións da contorna. “Pero deben saber moito os alcaldes e concelleir@s da zona porque só apareceu unha”, lamenta Suso Lista agradecendo a participación da nova voceira do BNG pontecesán Fátima Rodríguez.

E iso que a conferencia é do máximo nivel contando con grandes especialistas no asunto como Martín Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, ou o propio alcalde de Xenebra, o cormelán Alfonso Gómez, que deu unha verdadeira clase maxistral do que están facendo na caputal mundial da loita contra a contaminación lumínica. Gómez debullou o “Plan Lumiere” e ofreceu grandes alternativas ás desfeitas que vemos polo país.

Suso Lista, un dos botou “en falta a presencia de políticos que despois encherán a boca con Destinos Starlighs sen ter nin idea”, puxo exemplos locais da mala praxis. “É escandaloso, non hai unha farola que estea ben posta… un derroche, desplifarro, unha mala iluminación noutros sitios….” Así debullou imaxes locais pero perfectamente extrapolables a calquera vila do país de farolas demasiado altas, cunha inclinación indebida que alumean o ceo, que meten nas casas ou que só alumean árbores; zonas con excesos de farolas; farolas que alumean praias ou outros espazos naturais…

exemplos de mala praxis de contaminacion luminosa en Corme
Exemplos de mala praxe en Corme

Martin Pawley afondou sobre a “necesidade da noite” e o concepto da luz como “axente contaminante”. Lembrou que “a noite é necesaria para o medioambiente, para a saúde, para a produción da ciencia, arte e cultura, para a preservación dun vasto patrimonio inmaterial”. Repasou ademais a normativa internacional que obriga ás administracións a preservala.

Entre as actividades tamén destacou un obradoiro de astrofotografía co fotógrafo local Drew. A pesar de que a noite estaba algo cuberta, un grupo de 5 persoas tomaron boa nota dos trucos do premiado cormelán.

A entidade continuará realizando estas necesarias charlas, oinvitando e invitando ás corporacións “a aprender e escoitar”, e “a falar cando algún político faga algo realmente interesante”.

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios