Diana Varela presentou a súa premiada novela na casa
O Xardín de Corme acolleu esta fin de semana unha presentación moi especial. A ilustre veciña Diana Varela Puñal presentaba o seu libro, “A conxura”, que vén de gañar o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.
Da man da activa Asociación Insua de Viastela, a responsable da editorial Medulia falou emocionada, e arroupada pola tamén escritora Claudia Castro trala presentación de María Suárez, que repasou as actividades da Asociación. Foi unha presentación moi entrañable, a primeira que Diana facía en Corme despois de nove publicacións.
Diana explicou que o lugar e o formato (sen cadeiras) foi escollido por ela mesma, e despois debullou obra é para adolescentes e nos sumerxe nun mundo “fantástico”, cheo de “descricións luminosas” e resolta de “forma maxistral”.
Como detalle, agotáronse os libros que había á venta na Papelería Vidú, así que Diana tivo unha longa cola para asinalos.
Novas relacionadas
- Outubro 2020: “A conxura”, da cormelá Diana Varela Puñal, Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.
- 2019: Entrevista: Diana Varela Puñal: "Sempre é necesario que a xente lea máis, e particularmente poesía”.
- 2011: Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.