Dúas arqueiras de Ponteceso convocadas coa Selección Galega

Lucía e Leonor no centro da imaxe

O pasado dia 6 de maio, tivo lugar nas instalacións do club de tiro con arco Boa Vila en Pontevedra, unha concentración para a elección dos deportistas que formarán parte da Selección Galega que nos representará no campionato de España de seleccións autonómicas (CESA) de tiro con arco en idade escolar.

Eran 9 @s deportistas seleccionados para participar nestas probas de selección e só 6 (3 nenos e nenas) remataron sendo seleccionadas. 

Despois dunha longa e dura xornada onde se realizaron diferentes probas, as arqueiras do Club Flechas por un Tubo, de Ponteceso, Lucía Castro Fondo e Leonor Andrade Varela foron seleccionadas. Ambas, xunto con Beltrán Doval Valera (Club Boa Vila), Alberto Sobrado Rodríguez (Club Boa Vila), Anxo Rey Rodríguez (Club Lumelar) e Lía Lage Pernas (Club Arco Narón) formarán parte da Selección Galega que nos representará os vindeiros días 20 e 21 de maio no Campionato de España de seleccións autonómicas (CESA) de tiro con arco en idade escolar realizado en Madrid.
As dúas arqueiras tamén participarán no campionato Galego de aire libre que terá lugar en Pontevedra o vindeiro 3 de xuño, no que esperamos repitan os resultados acadados no campionato de sala.