Cinco novos podios para Club Deportivo Flechas por un Tubo

Familia do Club Flechas por un Tubo en Mesoiro

Este pasado sábado 28 de xaneiro o Club Deportivo Flechas por un Tubo volvía competir en dúas competicións celebradas en A Coruña e Mugardos simultáneamente.

Na proba herculina, o IV Torneo de Eliminatorias Torre de Hércules, celebrado no Pabellón Municipal de Novo Mesoiro e organizado polo club The Cutarc Team, participaban 10 arqueiras do club pontecesán, destacando o papel das infantís Lucía Castro Fondo, que rematou campiona na categoría de menores de 14,, e Leonor Andrade Varela, que rematou no 2º chanzo do podio.

Ambas xa xa preparan o Campionato de España que se celebra en Valladolido o 10 e 11 de febreiro.

Ana Bellón quedou campiona sénior

Por outra banda en Mugardos celebroouse o torneo de escolas organizado polo club Arqueiros do Adarve e o Concello de Mugardos. Os pontecesáns participaron nas categorías benxamín, junior e senior acadando o 2° (Manuel Souto) e 3° posto (Adrián Gonzalez) na categoría benxamín e un 1° posto en senior femenino (Alba Bellón).

Manuel Souto e Adrian Gonzalez

Novas relacionadas