Excarcerada unha muller en Ponteceso ao caer co coche por un desnivel

O sinistro produciuse no lugar da Bugalleira, en Tallo Sobre as 14:15 horas de hoxe, un particular alertaba aos equipos de emerxencias despois de que un Ford Fiesta caese por un desnivel duns dous metros de altura na localidade pontecesá de A Bugalleira, parroquia de Tallo. No interior do vehículo viaxaba unha veciña de Pazos duns 79 anos de idade que responde ás iniciais de D.C.P e que tivo que ser liberada e posteriormente trasladada ao centro sanitario. Ata o lugar do sinistro, desprazaronse os bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso e unha ambulancia ademais dos axentes da policía local de da Garda Civil.
No coche viaxaba unha muller de Pazos que tivo que se exarcerada Por causas que se descoñecen, o coche saiuse da vía chocando contra unha farola do alumeado público e posteriormente caendo por un desnivel. O coche quedou volcado lateralmente. Caída en Malpica Por outra parte, os equipos de Emerxencias informan de que a última hora da tarde de onte un home resultou ferido ao caer por unhas rochas en MalpicaOs feitos producíronse na contorna do porto da localidade. O varón foi localizado por outra persoa, que se puxo en contacto cos equipos de emerxencias sobre as 20:30 horas de onte. Os efectivos sanitarios desprazáronse nunha ambulancia ata a zona portuaria. Tamén se alertou a Portos de Galicia, á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil. As forzas da orde interviñeron para facilitar o traballo dos profesionais sanitarios, xa que ao redor do home ferido formouse unha gran aglomeración de xente. O varón foi evacuado na ambulancia a un centro sanitario.

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).