Excarcerada unha muller en Ponteceso ao caer co coche por un desnivel
20:32 15/07/16
O sinistro produciuse no lugar da Bugalleira, en Tallo
Sobre as 14:15 horas de hoxe, un particular alertaba aos equipos de emerxencias despois de que un Ford Fiesta caese por un desnivel duns dous metros de altura na localidade pontecesá de A Bugalleira, parroquia de Tallo. No interior do vehículo viaxaba unha veciña de Pazos duns 79 anos de idade que responde ás iniciais de D.C.P e que tivo que ser liberada e posteriormente trasladada ao centro sanitario.
Ata o lugar do sinistro, desprazaronse os bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso e unha ambulancia ademais dos axentes da policía local de da Garda Civil.
No coche viaxaba unha muller de Pazos que tivo que se exarcerada
Por causas que se descoñecen, o coche saiuse da vía chocando contra unha farola do alumeado público e posteriormente caendo por un desnivel. O coche quedou volcado lateralmente.
Caída en Malpica
Por outra parte, os equipos de Emerxencias informan de que a última hora da tarde de onte un home resultou ferido ao caer por unhas rochas en Malpica. Os feitos producíronse na contorna do porto da localidade.
O varón foi localizado por outra persoa, que se puxo en contacto cos equipos de emerxencias sobre as 20:30 horas de onte. Os efectivos sanitarios desprazáronse nunha ambulancia ata a zona portuaria. Tamén se alertou a Portos de Galicia, á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil. As forzas da orde interviñeron para facilitar o traballo dos profesionais sanitarios, xa que ao redor do home ferido formouse unha gran aglomeración de xente. O varón foi evacuado na ambulancia a un centro sanitario.
Accidentes 2016
- Catro feridos nun accidente entre un turismo e un camión en Vimianzo
- Un motorista en estado grave tras un choque en Baio
- Cinco feridos en dous accidentes en Muxía e en Fisterra
- Un motorista ferido de gravidade tras un accidente cun autobús escolar en Laxe
- Aparatoso accidente entre Vimianzo e Camariñas.
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- 12-05-16: Unha persoa excarcelada tras un forte accidente en Ameixenda:
- 18-04-16: Unha ferida nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Días de accidentes polas estradas da bisbarra
- 22-03-16: Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas.
- 11-03-16: Un ferido nun accidente de moto en Fornelos, en Zas.
- 29-02-16: Nova fin de semana de accidentes.
- 24-02-16: Un ferido tras un accidente en Berdeogas.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).