Falece unha muller tras sufrir un accidente e caer ao río en Ponteceso
19 de decembro de 2024 (08:41 h.)
Esta pasada tarde de xoves unha muller perdeu a vida este mércores ao caer co seu vehículo ao río Anllóns, ao seu paso polas inmediacións da avenida Eduardo Pondal, en Ponteceso
Os efectivos do GES de Ponteceso e aos Bombeiros de Carballo, tiveron que excarcerar á vítima e única ocupante do turismo.
Ademais, tamén se desprazaron ata o lugar profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puideron certificar o seu falecemento.