O Feminismo en pé desafiou ao tempo e concentrouse en Ponteceso

Concentracion 8M Ponteceso 2024

O temporal obrigou a suspender a manifestación, que ía saír da zona escolar. Pero non impediu celebrar unha máis que necesaria concentración polo Día Internacional da Muller. Porque a sociedade da Costa da Morte segue necesitando facer visible a loita por unha igualdade real entre homes e mulleres. E por iso volveron saír ducias de mulleres na praza do Recheo de Ponteceso a arengar berros pola súa liberdade.

Foi o activo colectivo Feminismo en Pé o que xuntou mulleres de toda a comarca de Bergantiños.

MÁIS NOVAS DO 8M