O 8M no CEIP Vilarmide, tamén chega con protagonistas singulares que transforman a historia
![Maria no CEIP Vilarmide polo 8M](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/03/08/2024030819093356071.jpg)
Este 8M quixeron poñer o foco mun colectivo moitas veces invisible para á sociedade: o das persoas que sofren enfermidades raras (ER). Tal é o caso da invitada do centro muxián que naceu con osteoxénese imperfecta (ósos de cristal). A súa é unha vida de superación, de coraxe e de exemplo a seguir. María ten baixa estatura, e pouca fortaleza física, pero a súa fortaleza mental é capaz de superar calquera obstáculo.
A visita chega despois de coñecer o contexto. Durante as últimas tres semanas os nen@s aprenderon o que son as ER e as repercusións non só médicas que teñen na vida das persoas que as sofren e das súas familias. Coñeceron a biografía de María e fixeron debuxos sobre os datos que máis lles chamaron a atención.
Tras a charla coloquio no que durante case 2 horas María e os seus pais responderon todas as preguntas que lles quixeron facer, María recibiu uns regalos: a súa biografía ilustrada polos nen@s e o recordo que sempre se entrega aos visitante VIP: unha bandexa coa mascota do cole (un lobo) Por último María firmou no libro de visitas.
Os nenos quedaron moi emocionados tras coñecer a María a quen definiron como persoa “alegre”, ”vital”, “forte”,” positiva”, “imaxinativa”…
"Tanto o alumnado como as profesoras aprendemos unha lección de superación de medos, de fortaleza, de constancia. Sempre teremos no recordo a unha muller pequena cunha grandeza insuperable".