O GES de Ponteceso denuncia a perda dunha moto acuática de Salvamento pola deixadez do alcalde

Imaxe dunha das motos acuáticas que a Axencia Galega de Emerxencias entregou nos GES

Era o mes de marzo de 2019 cando a Axencia Galega de Emerxencias facía entrega dunha moto acuática de salvamento e rescate ao GES de Ponteceso. Pero nunca chegou a poñerse en marcha, a pesar das continuas peticións por parte dos bombeiros ao alcalde.

”Nin caso nin interés, ata esta semana que a viñeron quitar por orde do alcalde”, denuncian dende o GES, unha situación que deixa as zonas costeiras de Laxe, Cabana, Malpica e Ponteceso sen un servizo de salvamento que podería ser diferencia. “Polo interés persoal deste señor deixase sen servizo os demais habitantes”, denuncian. “Este señor ainda nos retira os poucos que temos”.

Máis grave parece aínda o mal uso da moto no porto de Corme, que provocou as denuncias de veciños por poñer en risco ao resto de usuarios do porto, unha situación da que “este GES non ten nada que ver con esta actuación temeraria”.