Irma Macías leva a súa voz a Ponteceso
04 de outubro de 2024 (10:10 h.)
Ponteceso prepárase para unha nova cita para este sábado 5 de outubro. A praza do Recheo acollerá a actuación de Irma Macías e Lois Pinto, nunha cita artellada polo Servizo de Normalización municipal.
A cita será ás 22:00h, e no caso de chuvia o concerto trasladarase ao Edifico das Escolas.