O MACCMO acolle o II Ciclo de Cine Documental en homenaxe a Xosé Manuel Ferreiro
09 de agosto de 2023 (09:29 h.)
Despois da primeira sesión, a Asociación Insua de Viastela xa ten todo listo para o II Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. Esta fin de semana, de venres a domingo 13 de agosto, o Museo de Arte Contemporánea de Corme acolle 4 novas proxeccións.