Unha muller ferida tras un novo accidente cun tractor na recta de Pazos

Unha muller duns 30 anos resultou ferida e traslada ao centro hospitalario tras sufrir un novo accidente entre un vehículo e un tractor. A muller conducía arredor das 11:00h o seu vehículo pola AC-419, cando colisionaba cun tractor ao pasar pola recta de Pazos a Buño.

Un particular alertou ao 112, que avisou a Urxencias Sanitarias, GES e Proteccion Civil de Ponteceso, garda Civil, Policía Local e Bombeiros de Carballo, ademais de solicitar medios de mantemento pola estrada.

Accidentes con tractor en 2020