As mulleres de Carnota e Ponteceso volveron á rúa para denunciar o feminicidio de Baiona

Concentración Ponteceso contra o feminicidio de Baiona

Mulleres de Carnota e Ponteceso volveron á rúa para visibilizar a necesaria loita contra a violencia de xénero. O femininismo galego concentrábase esta pasada tarde de mércore 13 de novembro contra o feminicidio de Estela Blach Silva, asasinada ern Baiona, deixando ademais unha nova crianza vítima da violencia vicaria.

Concentración en Carnota 

As mulleres de Carnota e Ponteceso, convocadas polos colectivos Sonlilá e Feminismo en pé respectivamente, concentráronse na praza da Pedra carnotá e na Praza do Recheo de Ponteceso e leron o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, como xa fixeran en outubro co feminicidio de Fadoua en Moaña.

Outra imaxe da concentracion en Ponteceso

Más novas