O Concello de Ponteceso pedirá que a Festa do Percebe do Roncudo sexa declarada de Interese Turístico

Como xa acontecera o ano pasado co Asalto ao Castelo de Vimianzo (por agora sen éxito), a corporación municipal do Concello de Ponteceso volve a apoiar a solicitude de Festa Galega de Interese Turístico para a Festa do Percebe.

A Asociación para a Promoción do Percebe do Roncudo, e o Concello unen forzas para presentar todos os requisitos e facer oficial a petición diante da Xunta.

A día de hoxe aínda non hai data para a festa gastronómica do rei do marisco costeiro, pero de seguro que será unha das primeiras fins de semana de xuño.

Novas relacionadas

Galerías das Festas do Percebe do Roncudo

  • Festa 2012: 20 anos de percebes e festa en Corme.
  • Festa 2011: Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo.
  • Festa 2010: A Festa do Percebe non nota a crise.
  • Festa do Percebe do Roncudo 2009: 6.000 persoas disfrutaron do mellor Percebe do Roncudo.
  • Festa do Percebe do Roncudo 2008: A Festa do Percebe do Roncudo volveu ser un referente en todo o país.
  • Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).