O Concello de Ponteceso pedirá que a Festa do Percebe do Roncudo sexa declarada de Interese Turístico

09:30 25/04/14

Como xa acontecera o ano pasado co Asalto ao Castelo de Vimianzo (por agora sen éxito), a corporación municipal do Concello de Ponteceso volve a apoiar a solicitude de Festa Galega de Interese Turístico para a Festa do Percebe.
A Asociación para a Promoción do Percebe do Roncudo, e o Concello unen forzas para presentar todos os requisitos e facer oficial a petición diante da Xunta.
A día de hoxe aínda non hai data para a festa gastronómica do rei do marisco costeiro, pero de seguro que será unha das primeiras fins de semana de xuño.
Novas relacionadas
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- O Naufraxio de Laxe xa é a 9ª Festa de Interese Turístico da Costa da Morte.
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
Galerías das Festas do Percebe do Roncudo
- Festa do Percebe 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).