O PSOE de Ponteceso denuncia un desfase orzamentario de 7 millóns de euros
Graves as acusacións do PSOE de Ponteceso ao asegurar que a "acumulación de débeda é unha bola de neve que medra ano a ano e, se non se para, levará á quebra total do Concello”. O PSOE asegura que o alcalde “inflou artificialmente e de forma sistemática”, as previsións de ingresos por licenzas de obra, para “poder ter unha capacidade de gasto non autorizada” e manter “os soldos políticos máis altos de España para un concello de 6.000 habitantes”.
Denuncia así que o alcalde da localidade, José Luis Fondo, "provocou un desfase de 7 millóns de euros nas contas municipais, inflando artificialmente a previsión de licencias de obra".
Segundo denuncian os socialistas, "nos últimos seis exercicios (2006-1012), o Concello de Ponteceso orzamentou ingresos no capítulo II, por concepto de ingresos por licenzas de obras, por un importe global de 8 millóns de euros, mentres que tan só recadou un millón de euros nese periodo". Os números que presenta o grupo da oposición son os seguintes:
Ano | Ingresos previstos no orzamento Recadación neta á hora de elaborar o orzamento | |
2012 | 1.791.000 | -- |
2011 | 607.390 | 44.730 |
2010 | 527.633 | 69.418 |
2009 | 1.213.500 | 55.560 |
2008 | 845.762 | 95.332 |
2007 | 1.616.236 | 254.155 |
2006 | 1.479.633 | 370.918 |
2005 | -- | 259.187 |
TOTAL | 8.081.154 | 1.149.300 |
DESFASE ORZAMENTARIO | 6.931.854 euros |
E o PSOE explica as cifras: "As cifras da columna da esquerda reflicten o que o alcalde de Ponteceso orzamentou como ingresos previstos por licenzas de obra nos últimos sete anos. A columna da dereita reflicte a recadación real do ano anterior no momento de elaborar o orzamento, números que Fondo Aguiar tiña sobre a mesa cando elaborou cada un dos orzamentos do municipio. Como se pode apreciar, as previsións son absolutamente desproporcionadas sobre os ingresos do ano anterior e, mentres a recadación diminúe sistemáticamente, ano tras ano, as previsións increméntanse sen base ningunha".
Novas relacionadas
- A nova directiva dos empresarios de Ponteceso xa pensan na nova Aula de Formación.
- O PSOE pontecesán esixe o remate das obras da Avda. Eduardo Pondal.
- O PSOE de Ponteceso denuncia que o alcalde que subir o auga un 18%.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.