Os maiores de Ponteceso volven coller o lapis

Xa os vimos cando empezaban o curso en outono. E seguen disfrutando e aprendendo da vida no novo programa "saber ser b(v)ello, que arrincaba onte en Ponteceso e no que participarán en torno a unhas 40 persoas maiores do municipio.

Un programa organizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello e implementado pola empresa Senes Desenvolvemento Comunitario, e que procura que os maiores aproveiten o seu tempo libre para seguir aprendendo e facendo cousas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Fátima Fernández.