Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20

A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20

Crise poboacional para a vindeira década na Costa da Morte. Se os datos da emigración na Costa da Morte e en Galicia son preocupantes, non o son menos as proxeccións de poboacións que vén de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE) para os vindeiros anos.

A día de hoxe, máis do 28% da poboación ten máis de 60 anos. Ollando ao futuro, e a nivel galego, o IGE apunta que a poboación galega diminuiría un 3,2% no período 2011-2021 no caso de continuar a situación demográfica actual, o que suporía unhas 90.000 persoas menos. As provincias de Lugo e Ourense serán as máis castigadas, superando o 7%, manténdose as de Coruña e Pontevedra como gran foco poboacional. Pero a Costa da Morte non sae moi ben parada, alonxándose dos datos do eixo e igualándose coas zonas de interior máis desfavorecidas.

Segundo o IGE, a Área da Costa da Morte (que abrangue as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas), que contaría a día de hoxe cunha poboación de 139.831 habitantes, veríase reducida nun 7,7%, cunhas 10.000 persoas menos, quedando a 2021 cunha hipotética poboación de 129.066 persoas nos 19 concellos das 5 comarcas incluídas.

Envellecemento poboacional

As cifras do crecemento vexetativo son se cadra máis preocupantes, ou polo menos, fan patente a pirámide de poboación. Se haberá uns 7.929 nacementos, serán 17.102 (9.172 máis) as defuncións.
O envellecemento da poboación segue a ser un dos grandes cabalos de batalla do país para as vindeiras décadas. De feito, o índice de envellecemento (relación entre a poboación de 65 e máis anos con respecto á poboación menor de 20 anos) segue crecendo e pasará do xa alarmante dato de 174,0 ao de 213,6 persoas maiores de 65 anos por cada menor de 20 no 2021. Ollo con este dato, que reflicte moi ben a situación da bisbarra e de todo o país.

Pero parece que xa non nos chega este índice e ten que ir máis alá o IGE incluindo o índice de sobreenvellecemento (proporción de poboación de 85 e máis anos con respecto á poboación de 65 e máis anos). Na Costa pasaremos dos 14,2 aos 19,6 persoas maiores de 85 anos por cada unha maior de 65.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios