Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso

Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso

Segue Ponteceso inmerso no AGE Project (Activate Engaged Generation Project). Un proxecto europeo no que participan socios de Suecia, Dinamarca, Croacia, Polonia e Italia, ademais do propio Concello de Ponteceso. Un proxecto relacionado co envellecemento activo, algo no que en Ponteceso levan anos traballando.

Así, os vindeiros 19 e 20 de marzo, o Concello pontecesá acollerá un evento europeo enmarcado dentro do AGE Project. Este evento mostrará a tres delegacións europeas que virán desde Suecia, Italia e Dinamarca o traballo en canto ao envellecemento activo a través de diferentes visitas a recursos ou mesmo presentacións de servizos existentes tanto do Departamento de Servizos Sociais como dos de Cultura, Deportes e turismo.

Como actividade estelar da actividade local, presentarase o documental “Docu-menta” subtitulado en inglés na compañía de todas as persoas maiores que participaron no mesmo e de compañeiros e compañeiras de diferentes actividades de envellecemento activo.
Ademais visitarán o Museo de Arte Contemporáneo Torre-Pujales, a librería municipal e o Museo MELGA, e as delegacións abandonarán Ponteceso o venres pola maña.

Esta será a segunda sesión común do Proxecto, tralo seu paso por Pitea, en Suecia, onde vemos hai uns meses a Óscar Rey Calo. "Canto se aprende viaxando polo mundo", asegura o concelleiro pontecesán.

Oscar Rey Calo en Pitea representando ao Concello de Ponteceso

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios