Óscar Rey Calo e Fina Paulos falarán das “Pantallas seguras e saudables” no MACCMO de Corme

Fina Paulos e Oscar Rey Calo

O vindeiro venres 29 de agosto ás 19:00 horas o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme acollerá a conferencia “Pantallas seguras e saudables”, unha cita dirixida a todas aquelas persoas interesadas en mellorar o uso da tecnoloxía de forma responsable e segura.

O encontro, de carácter ameno e divulgativo, está organizado pola Asociación Cultural Ínsua de Viastela coa promoción do Concello de Ponteceso, e contará coa presenza de Fina Paulos e Óscar Rey, profesores de ensino secundario e Formación Profesional na familia de Informática e Comunicación, e autores dos libros que están revolucionando a integración da Intelixencia Artificial nas aulas.

Durante a sesión, ofreceranse pautas prácticas para protexer os datos persoais, reforzar a privacidade e facer un uso saudable do teléfono móbil, as pantallas e a tecnoloxía en xeral.
O obxectivo é achegar ao público recursos sinxelos e eficaces para previr riscos dixital. Calquera persoa interesada, usuaria de tecnoloxía, pode achegarse, posto que este evento está dirixido ó público en xeral.

Recomendan levar o teléfono móbil para aproveitar mellor as pautas e consellos que se ofrecerán por parte dos docentes.