O Parque Empresarial de Tella suma 5 naves feitas coa tecnoloxía pioneira de López Cao
19 de agosto de 2021 (10:43 h.)
O pasado mes de marzo coñecíamos de preto o pioneiro proxecto que López Cao desenvolve en Buño para substituír o ladrillo. Un innovador sistema de fabricación de paneis prefabricados, que xa se está poñendo en marcha no Polígono de Tella, para dar formas ás 5 novas naves que se están a construír.
Deste xeito péchase o círculo industrial bergantiñán, ademais de axilizar os tempos de construción. Deste xeito, en poucos meses haberá 5 novas naves esperando inquilinos.
O Concello de Ponteceso lembra que todas aquelas empresas interesadas en desenvolver a súa actividade no Polígono de Tella poden contactar e solicitar información no número de teléfono 981 714 000 ou no correo electrónico concello@ponteceso.net.