Ponteceso coida da memoria dos maiores

Varias son as propostas que traemos hoxe que atinxen aos maiores do Concello de Ponteceso. Que se a escola de nais e pais, que se o programa Documenta, que se programa Lecer ou as Quedas de vacacións para mulleres.

Recta final do programa Documenta

A pasada semana celebráronse ás últimas grabacións do programa Docu-menta coa gravación dunha comida "un cocido", no que expresaron as diferenzas tanto nas comidas como nas familias hoxe en día. Xa so queda unha gravación que se fará a próxima semana na Torre do faro de Brantuas no que representarán unha merenda típica.

Xa queda menos para a presentación do documental protagonizado polas persoas maiores actores e actrices do noso concello. A concelleira de Servizos Sociais Beatriz acudiu onte venres as gravacións para ver como marchaba a actividade.

3º taller da Escola de Pais e Nais

O Departamento de Educación Familiar do Concello de Ponteceso e a ANPA de Ponteceso organizan o 3º Taller da escola de pais e nais nais.
Esta nova xornada será o vindeiro 29 de marzo martes, ás 16.30h na Fundación “Eduardo marzo, Pondal” do Couto. Haberá tamén talleres de plástica xogos e películas para os nen@s.

Neste terceiro taller, abordaranse os seguintes temas: Relacións de parella, entorno familiar. O desenvolvemento psicoevolutivo do neno e da nena. Estilos educativos. Os límites e as normas.

Os pais e nais interesados en asisitir poden anotarse chamando ao Concello ao número 981 714 000 (Ext: 51). Neste teléfono atenderaos a Educadora Familiar ou os venres na Oficina Municipal de Corme: 981 738 428.

Programa Lecer

Xa están presentadas as quendas vacacionais e de termalismo e a solicitude do Programa Lecer e Benestar da Xunta de Galicia, que o Departamento de Servizos Sociais tramitará ata o 15 de abril nas dependencias municipais.

O programa inclúe visitas a Balnearios con todo incluído, só con tratamento termal, un Intercambio con Portugal e unha viaxe á Praia Panxón.

Os Requisitos son ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista, residir na Comunidade Autónoma de Galicia, valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e non padecer enfermidade infecto contaxiosa, en fase activa, infecto-contaxiosa, nin trastornos mentais ou condutuais.

O prazo remata o día 15 de abril. Para máis información acuda ao Departamento de Servizos Sociais do concello ou póñase en contacto a través do teléfono 981 714 000.

Quendas Vacacionais

Tamén están abertas as quendas vacacionais para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso, tramitará as solicitudes que poderán facerse ata o 12 de abril nas dependencias municipais.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Ponteceso.