Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A Fundación Fundación Eduardo Pondal continúa recuperando a memoria local

A Fundación Fundación Eduardo Pondal continúa recuperando a memoria local
A Casa do Cura do Couto, en Ponteceso, non para. A Fundación Eduardo Pondal continúa co seu programa de dinamización sociocultural anual ó longo deste mes de febreiro. E o fixeron este pasado sábado cunha nova gravación da memoria local a cargo de Luís Giadás e Araceli González. Na xornada dominical os veciños do Couto puideron disfrutar dun Seminario de formación de actores a cargo de Lucho Penabade, de Os Quinquilláns, enfocado á dinamización dun roteiro pondaliano nocturno. E non paran as actividades, xa que este martes 8 de febreiro, a partir das 10:30h, celebrarase un «Roteiro A campana de Anllóns»: a ruta da campana de Anllóns, no cal escolares de Ponteceso realizarán ese percorrido e ademais participarán na gravación dun programa do Ben Falado da Televisión de Galicia. Para o 19 de febreiro programouse a primeira sesión d’A Cova Céltica en Ponteceso. Nela, Xosé Manuel Varela e Xurxo Souto moderarán unha mesa redonda sobre patróns e mariñeiros da comarca bergantiñá. A ela acudirán Joseíño de Castelao, Xelucho Abella ou Serafín Mourelle, entre outros. Esta sesión será gravada en vídeo por Araceli González para formar parte do arquivo audiovisual de memoria local que está a inicial a FEP. Por último, o 27 de febreiro terá lugar a presentación da última novela do escritor pontecesán Xosé Antonio Pet Posse: Alias El Chispa. Durante a mesma, proxectaranse fotografías antigas de Ponteceso e arredores nas que se recollen espazos descritos nas novelas deste escritor residente en Cataluña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos da Fundación Eduardo Pondal, da man de Xosé Manuel Varela Varela.

Comentarios