Ponteceso convoca, por fin, cun certame de Poesía en nome de Pondal

 

Era unha das patas que lle faltaba a Ponteceso para recuperar a figura de Pondal. O Premio de Poesía Concello de Ponteceso Eduardo Pondal vai ser, en breve, unha realidade. Así o anunciaba o concelleiro de Normalización Lingüística e Educación, Carlos Penedo (BNG), absolutamente ilusionado polos proxecto.

Un Certame de carácter anual, que nace con ese evidente doble obxectivo: Impulsar a creación poética, e lembrar a figura do noso eterno bardo.

Da man da editorial Medulia, e de Diana Varela Puñal, e a Fundación Eduardo Pondal (un bo elemento para celebrar os seus 10 anos de vida), ten presentado as bases, que inclúen un único premio de 500€ e a efixie de Pondal. Ademais a obra gañadora será publicada por Medulia.

As obras (de entre 400 e 1000 versos) deberán ser presentados de xeito anónimo antes do 1 de maio, e o xurado fará pública a súa decisión o 17 de maio de 2019, coincidindo co Día das Letras Galegas.

As Bases

Novas relacionadas