Ponteceso volve abrir o PraiaBus para ir a Valarés
27 de xuño de 2011 (09:30 h.)
Fantástica a proposta do Concello de Ponteceso para achegar á veciñanza á praia sen que precise un vehículo propio. Pequenos e maiores son os máis beneficiados, se ben todo o Concello poderá ir á praia sen coller o coche.
O Concello pontecesán pon a disposición dos/as usuarios/as o servizo gratuíto de Praia Bus a Valarés a partir deste venres 1 de xullo. Durante tódolos días de xullo e agosto o bus percorrerá o seguinte Itinerario: Pazos, Tella, Centro Cultural, Praza do Relleno, O Couto e Praia de Valarés.
A saída será ás 15:30h e a hora de regreso ás 20:00h.
Novas relacionadas
- Aberto o prazo para anotarse no Programa deportivo de Verán de Ponteceso.
- Corme prepara os Percebes do Roncudo.