xoves. 15.05.2025
El tiempo

Ponteceso volve abrir o PraiaBus para ir a Valarés

Ponteceso volve abrir o PraiaBus para ir a Valarés

Fantástica a proposta do Concello de Ponteceso para achegar á veciñanza á praia sen que precise un vehículo propio. Pequenos e maiores son os máis beneficiados, se ben todo o Concello poderá ir á praia sen coller o coche.

O Concello pontecesán pon a disposición dos/as usuarios/as o servizo gratuíto de Praia Bus a Valarés a partir deste venres 1 de xullo. Durante tódolos días de xullo e agosto o bus percorrerá o seguinte Itinerario: Pazos, Tella, Centro Cultural, Praza do Relleno, O Couto e Praia de Valarés.

A saída será ás 15:30h e a hora de regreso ás 20:00h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios