Preocupación en Ponteceso pola sucesión de actos vandálicos ás portas do Concello

Actos vandálicos na Casa do Concello de Ponteceso

Xa van un par de semana dende que apareceu a primeira pintada na Casa do Concello de Ponteceso, con directos insultos aos políticos municipais. Pero a cousa parece agravarse estes días, onde se suceden os actos vandálicos na porta do consistorio.

O domingo aparecían novas pintadas con insultos para políticos locais e autonómicos, e mesmo para avogad@s e procurador@s.

Antonte eran unha manchea de ovos os que manchaban as paredes exteriores do edificio. E onte xoves, ás 15:00h da tarde rociaban de fresas a entrada…

”Apunta a un trastornado, agardo lle busquen axuda pronto”, sinala o alcalde Lois Carballido, se ben non se descarta que sexa algunha persoa farta da crise municipal ou mesmo algún empresario ou autónomo ao que o Concello aínda lle deba cartos.

”Os actos vandálicos sempre son malas noticias”, recoñece, en calquera caso, o voceiro do PP Daniel García Cotelo.

 

Novas relacionadas