Venres. 18.06.2021
El tiempo

A veciñanza de Ponteceso si se fala e si propón solucións ao bloqueo político

  • A Agrupación Somos máis de Ponteceso que Pondal non descarta convocar unha manifestación se a situación continúa encasillada
Reunion na Casa dos Vecinos
A veciñanza de Ponteceso si se fala e si propón solucións ao bloqueo político

Non para a súa inmersión na vida municipal a Agrupación Somos máis de Ponteceso que Pondal, a pesar do primeiro “plantón” dos políticos. Esta pasada fin de semana, con todo o traxín da moción de censura polo medio, celebraban unha reunión veciñal aberta na Casa dos Veciños, á que acodiron unha vintena de persoas, entre elas só dous membros da corporación, dous edís do grupo dos non adscritos.

Unha reunión informativa, que comezaba debullando todos os pasos que levaron á situación actual de incerteza máxima arredor do Plan de Obras e Servizos. Debateuse sobre como salvalo, facendo referencia á necesaria negociación da oposición coa Deputación, antes do pleno do ente provincial que se celebra en xuño.

O seguinte punto que se tratou, foi o pago das facturas extraxudiciais, saldando así a débeda contraida cos autónomos.
Para superar esta situación de ilegalidade a agrupación propón “a posibilidade dun cribado de ditas facturas, separando as posiblemente fraudulentas, das que non o son, para poder levalas así a pleno, e ir saldando a débeda por partes, e que non paguen así "xustos por pecadores". Dende os non adscritos, presentes na reunión, aceptaron a proposta e deixaron entrever unha posible intentona desta.

O terceiro punto a tratar, foi o futuro dos traballadores sociais da bolsa de emprego. “Este punto, por desgraza, parece que segue en tablas, dado que dende a alcaldía sosteñen a imposibilidade de ampliar o contrato por falta de fondos, achacando esta, á perda do POS, e dende a oposición aseguran a existencia desos fondos, xa que a pasada bolsa de emprego, pagouse cas dedicacións dos concelleiros, as cales seguen sin percibir a día de hoxe”, explican dende a Agrupación.
En todo caso, deixan aberta un raio de luz como posible "tirita" para eses traballadores, “a cercanía de contratacion da limpeza de praias, etc, as cales se pagan con fondos externos”.

Contra o final da asamblea, falouse brevemente da "Subvención da renovación do alumeado público", a cal se ve frenada temporalmente co cambio da mesa de contratación. Dito cambio escúdase no posible fraude na contratación da empresa encargada de levar a cabo a obra. De calquera xeito, o investimento podería quedar aprazado ata o ano que vén.

Manifestación

A Agrupación deixou clara a súa intención de que, ”de perdurar no tempo esta situación, plantéxasenos a posibilidade de facer unha manifestación de todo os veciños, para esixir responsabilidades a todos e cada un dos representantes do concello. Esperamos que isto sirva para acelerar o paso que deben tomar todos, para solucionar isto, da mellor forma posible”.

Dende "Somos mais de Ponteceso que Pondal", agradecen a todo os veciños que acudiron e participaron na asamblea, pero tamén “lamentamos a falta de máis representates do concello, tanto alcaldía como oposición, na asamblea. Xa que entendemos que poder debatir tendo todos os puntos de vista, é o máis lucrativo para toda a veciñanza, a cal pode aportar, opinións e solucións, xa que entendemos que a democracia non se basa solo en votar cada catro anos."

Novas relacionadas

comentarios