Un Roteiro Literario por Corme con Diana Varela

Diana Varela Punal presentando a Conxura este verán en Corme

Inmellorable anfitriona para realizar un Roteiro Literario na vila de Corme. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), coa colaboración municipal, celebra este sábado un roteiro de aproximadamente dunha hora e media guiado pola autora locai Diana Varela Puñal. A escritora e editora cormelá fará un percorrido polas rúas mariñeiras.

Trátase dunha actividade que se enmarca nos Paseos literarios polas vilas da provincia da Coruña, no marco dun acordo da entidade coa Deputación da Coruña para este 2021.

Os interesados en asistir deberanse anotar no correo electrónico oficina@aelg.org. A iniciativa partirá do Xardín Vello, diante dos murais.