Un gran Festival VdeValarés pon Ponteceso no panorama indie internacional

Menudo festivalón. O que está chegando a montar o colectivo Con V de Valarés está collendo tons espectaculares. A paradisíaca praia de Valarés (xa saben que o nome do festival naceu pelexando por recuperar esa “v” do topónimo, o aínda oficial, “Balarés”) recibía esta fin de semana milleiros de amantes da música indie de toda a península.

Un evento especial, distinto a toda a oferta festexeira habitual da bisbarra, e que situa a pequena comarca de Bergantiños e a Costa da Morte na xira indie peninsular. A resposta dos afeccionados a estas músicas tan distintas a do habitual verbeneo foi fantástica denden primeria hora e o aparcadoiro da praia de Valarés xa estaban completo a media tarde, polo que dende a organización aconsellaron apacar no pobo de Ponteceso e utilizar o ecoBus que non parou en toda a tarde e noite.

Tres escenarios mesturábanse na natureza, dando conta da sintonía coa natureza que promove e demostra a organización. Ademais, non só respetou o tempo, senón que participou de cheo en que fose un completo día de festival.

Empezando co vermú

Houbo sesión vermú e todo e xa dende ás 13:00 soaba a música no “Escenario Praia Sons”, con “Nano Vinilo” e “Disco Mordisco”, que tamén pecharían o festival a altas horas da madrugada. Unha pequena parada para xantar e o café con gotas se tomaba entre o fermoso piñeiral que escola a praia. Alí, no “Escenario Eco Sons”, na máis agradable sombra soaron os temas do coñecido pola mocidade da volta “Escuchando Elefantes” e “Crudo Pimento”.

Pasamos do suave indie ao rock&roll, da sombra dos piñeiros ao brillo da area, Os carballeses ”Lowcos” e Coll Funeral animaron a toda a praia e os bañistas bailaban tanto como os numerosos fans da casa.

Comeza unha longa noite de boa música

Tras unha encantadora tarde de praia musiqueira, quedaban aínda unhas 10 horas de música por diante cando ”Lady Leño” tocou a primeira nota do escenario principal, o Son Estrella Galicia, facendo eco ao principal patrocinador que inclúe o festival na súa Xira de Concertos.

A fresca interculturalidade de DePedro puxo á xente a bailar. Preparada estaba a xente e xa ateigaba o terreo de xogo cando Lisa and The Lips comezou o seu desgarrador concerto de auténtico R&R, cheo de potencia e ritmo.

Salto internacional

Un dos momentos da noite, o que supuña o salto internacional do festival pontecesán, ademais da salvaxe Lisa Kekaula, eran os irlandeses The Undertones. Historia viva do ska-punk mundial fixeron o seu único concerto no lugar de Valarés.

Non quedaba aí a cousa, quedaba moita noite cando comezaron as rasgarse as guitarras dos boirenses ”Triángulo de Amor Bizarro” para que os Elyella Djs foi a encargada de finiquitar aos presentes, e facelos bailar ata a extenuación durante co seu divertido electro-indie.

Un final á altura dun festival de auténtica “Champions League”.


Máis información

Novas relacionadas

Máis novas da Axenda Sonora

Fonte