Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra

A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra

Mentres na fin da terra soaba o folk, pola ría de Corme e Laxe eran as guitarras as que berraban festa. Un ano máis volveron coincidir dúas das citas festivaleiras do verán costeiro. O Festival V de Valarés e a Festa Folk na Fin do Camiño tiveron lugar durante o pasado sábado 17 de agosto, e tanto en Fisterra como en Ponteceso, a festa foi completa e máis que satisfactoria.

O tempo, non coma o ano pasado, respondeu, e puidemos disfrutar dun auténtico día de verán. E é importante porque ambas propostas van máis alá da música, e o disfrute dun día de natureza e actividades é clave para o bo aproveitamento do festival.

Natureza e guitarras en Valarés

Sacouse o cartel de completo nos hoteis de toda a redonda de Ponteceso. Pero aínda quedaba algo de espazo no ateigado piñeiral reconvertido en camping que tan ben acolleu aos milleiros de festivaleiros.

Polo día a praia, espectacularmente acondicionada con carpas, sofás con palés reciclados... acolleu citas tan representativas como unha charla sobre papel da muller na industria musical da man de Now Motiva; ou a masterclass de fotografía de Javier Rosa, fotógrafo oficial do festival, que se trasladou ao Couto.
Grandiosa foi a sesión vermú, unha das novidades desta edición, da man de The Bright e Sandrita TNT, que abriron boca para que os máis madrigadores tivesen algo que levar a boca antes de comer.

Non parou a música xa de aí ata ás 8:00h da mañá, con puntos fortes como a volta de El Columpio Asesino e Fuel Fandango, que o ano pasado tiveran que suspender a actuación por mor da chuvia; ou a volta dos Coronas a Valarés, unha das mellores bandas surf de todo o planeta.

Todo facendo deste VdeValarés un festival "único, irrepetible e máxico", como ben agradece a organización. Un deses que estamos acostumados a ver nas películas vaia, como describen os compañeiros da revista disquecool.

Los Coronas no Festival V de Valares-Foto-Javier Rosa

Festa Galega na Anchoa

Recuperando o patrimonio ludico galego na Anchoa-Foto-Rosalia Mouzo

15 anos celebraba a Festa Folk na Fin do Camiño. E o facía en galego. Tanto polo día como pola noite, pois se a pleno sol os protagonistas foron os xogos tradicionais galegos. Numerosos asistentes pasaron horas, tras zampar os bos produtos da zona, practicando aqueles tesouros patrimoniais como son a billarda, o espeto, a chave, a petanca, a tornela, o aro… Todo amenizado polos Campantes da Baña, que mesturaban un tiro á petanca cunha peza festexeira.

A música volveu a soar co solpor, dando comezo "Estimaba que viñeras" a unha noite de música galega e en galego. A tradición seguíu da man dos acordeóns dos Tres Trebóns, que protagonizaron un dos momentos da noite. Xa nolo enviara Xurxo Souto, ese "himno da Anchoa", que medio auditorio aprendera para cantalo con toda a forza o día da festa. Con letra de Manuel Nemiña (Manolo do Xinete) e música de Xurxo Souto, ese "Anchoa estamos en gherra!!" retumbou por todo Fisterra.

Aínda quedaba noite, con dúas bandas das que non deixan parar de bailar: A Compañía do Ruído e Chotokoeu, grupos que mesturan a tradición, a lingua galega, con rutmos máis movidos.

Entre banda e banda, música da man de Dj Hadri Hache, que tamén aguantou a festa ata ben entrada a madrugada para os máis novos da zona. Pero non coa típica "zapatilla" nin coas músicas máis típicas das radios comerciais. Se non con fanfarria, rollo balcánico, ska... moita e moi variada música para poñer o broche de ouro a 15 anos de folk na fin do mundo.

Un dos concertos da Festa folk na Fin do Camiño-Foto-Rosalía Mouzo

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Outras novas festexeiras

Fonte

Comentarios