Un Obradoiro de estimulación da linguaxe na infancia con moito Apego

Nova sesión do programa APEGO en Ponteceso. A Área de Normalización Lingüística celebrará o martes 22 un obradoiro sobre a estimulación da linguaxe na infancia, dirixida a pais/nais con fillos/as de 0 a 8 anos. A cita será ás 18 horas na Biblioteca Municipal.

Será Raquel Vello Varela, psicóloga especializada en familia do equipo Oikos (espazo de emocións, desenvolvemento e saúde), a que explique cando e como incentivar a fala dos nosos fillos e fillas ou cales son, por exemplo, as diferenzas entre linguaxe falada e a de signos. Para un maior aproveitamento do curso, os/as asistentes disporán dun servizo de atención para os/as cativos/as, a cargo dun monitor/a de tempo libre.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-proxecto-apego-nacido-en-carballo-recolle-hoxe-o-premio-da-cultura-galega/