Un Obradoiro de estimulación da linguaxe na infancia con moito Apego

06:33 20/11/18

Será Raquel Vello Varela, psicóloga especializada en familia do equipo Oikos (espazo de emocións, desenvolvemento e saúde), a que explique cando e como incentivar a fala dos nosos fillos e fillas ou cales son, por exemplo, as diferenzas entre linguaxe falada e a de signos. Para un maior aproveitamento do curso, os/as asistentes disporán dun servizo de atención para os/as cativos/as, a cargo dun monitor/a de tempo libre.