Unha pontecesá como nova Conselleira de Infraestruturas. Porta aberta á Autovía

Xa vimos as consecuencias da dimisión en bloque do grupo de goberno de Santiago. Unhas dimisións que levaron ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a tirar do seu máis mediático Conselleiro, Agustín Hernández, como novo alcalde santiagués.
Un Conselleiro que recordamos ben de cando se ríu da Costa da Morte trasladando o prazo de entrega do 2013 ao 2016 coma se non nos enteirásemos do retraso.

Hoxe, a Costa da Morte pode poñer as súas esperanzas na nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a pontecesá Ethel Vázquez Mourelle. De 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle, é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña e desde setembro de 2010 directora da Axencia Galega de Infraestruturas (antes Dirección Xeral de Infraestruturas). Con anterioridade foi presidenta de Augas de Galicia e da EPOSH (maio 2009 – setembro 2010), organismo no que traballou desde o ano 2003.

A nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tomará posesión do cargo mañá mércores, 18 de xuño, ás 9 horas no Pazo de Raxoi.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).