Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016

O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016
Agustín Hernández aseguraba en abril de 2012 que a obra estaría rematada en 2013 e hoxe fala de 2016

Nin un camión en marcha, pero moitas palabras ao aire. Así tomamos xas as palabras do Conselleiro Agustín Hernández cando fala da Autovía Costa da Morte. Máis dun ano de parálise das obras (o recoñecido pola Xunta), e volve facer promesas sen que vexamos feito algún.

Esta tarde de mércores 13 de marzo, o Conselleiro aseguraba que "esta prioritaria infraestrutura estará en servizo nesta lexislatura". Non mentirá seguro agora o Conselleiro, pois volve ter 4 anos máis cumplir as promesas.
Dío ademais como se estivera cumplindo as súas promesas electorais, pero resulta que non hai nin un ano falaban de que estaría rematada en 2013 (vemos no vídeo). Agora, toca esperar nada menos que ata o 2016.

Axudando á concesionaria

Saben que os motivos do retraso é a falta de financiamento da UTE que ten a adxudicación da obra. Aí si que estará a Xunta, sinalando que "aínda que ten moi adiantadas as negociacións, a día de hoxe non ten pechada a operación para dispoñer do crédito suficiente para rematar as obras". Recordou o Conselleiro que "é a concesionaria, non a Xunta, a que ten que buscar e formalizar o financiamento que lle permita dispoñer dos recursos necesarios".

Cifras

Malia que dende hai un ano non se moveu un só metro cadrado de terra, a Xunta asegura que " as obras están executadas ao 20% e xa está feita a metade do movemento de terras, as tres cuartas partes das drenaxes transversais e preto do 60% dos pasos inferiores".

O único interesante é que priorizarán "o primeiro treito, o máis longo, entre Carballo e Baio cunha lonxitude de 25 quilómetros, o que se traduce nun 60% do percorrido".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios