Volven denunciar as inundacións nos baixos do edificio da entrada norte de Ponteceso

Non cambiou nada dende o pasado mes de marzo cando a veciñanza lanzaba unha denuncia sobre as inundacións que acontecen nos baixos do edificio da entrada de Ponteceso. Chegaron as primeiras choivas, e como acontece no paseo de Laxe, a auga volve saír por todas partes.

As canalizacións non poden coas correntes de auga das chuvias e acaban saíndo por diante do edificio (sito xusto na entrada norte de Ponteceso, vindo dende Tella) provocando ademais que se aneguen os garaxes do mesmo.

A veciñanza leva meses protestando, sen obter resposta do Concello.

Novas relacionadas