Volven denunciar as inundacións nos baixos do edificio da entrada norte de Ponteceso
Non cambiou nada dende o pasado mes de marzo cando a veciñanza lanzaba unha denuncia sobre as inundacións que acontecen nos baixos do edificio da entrada de Ponteceso. Chegaron as primeiras choivas, e como acontece no paseo de Laxe, a auga volve saír por todas partes.
As canalizacións non poden coas correntes de auga das chuvias e acaban saíndo por diante do edificio (sito xusto na entrada norte de Ponteceso, vindo dende Tella) provocando ademais que se aneguen os garaxes do mesmo.
A veciñanza leva meses protestando, sen obter resposta do Concello.
Nada cambiou, a pesar das promesas, dende que en marzo, a veciñanza deste edificio de Ponteceso denunciaba as continuas inundacións en zonas públicas, que anegan o seu garaxe... pic.twitter.com/gRU2YQ7c4r
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) November 3, 2021