Atopan un veciño de Santa Comba falecido na súa vivenda

Imaxe do rescate dos Bombeiros de Cee

Esta pasada noite de venres, os Bombeiros de Santa Comba desprazábanse ata a rúa Alcalde Pereira pasadas as 22:30h, por unha chamada ao 112 dun alertante que comunicaba que dende había varios días non sabía nada do seu veciño, que es fiestras estaban sempre abertas e unha luz sempre está acesa, e no patio de luces hai un forte cheiro que pensan que pode proceder da sua vivenda.

Unha vez no punto Os Bombeiros a empregar o AutoBrazo Articulado para acceder á vivenda xa que tratábase dun terceiro andar e a porta estaba pechada. Unha vez accederon ao interior equipados con equipos de respiración autónomos atoparon ó morador da vivenda falecido.

Rescate en Cee

O mesmo venres pero ás 10:00h da mañá, os Bombeiros de Cee estiveron na Avda. de Fisterra para atendenr a unha muller que sufría unha caída no piso. Non se podía levantar e non podía abrir a porta, polo que os Bombeiros ían forzar a porta cando recibiron a nova de que o fillo viña de camiño cun xogo de chaves.
Ao abrir a porta, a muller tirada xusto detrás da mesma, cunha forte dor na cadeira. Mobilizárona en bloque nunha cadeira de traslados ata a padiola da ambulancia para o seu posterior traslado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.