Cine, risas, e maxia para o verán xalleiro

Cine en familia en Santa Comba

Completo está sendo o verán por Santa Comba. Os campamentos deportivos de conciliación compaxínase á perfección coa programación cultural e festexeira, así como esas citas tradicionais na Feira xalleira da fin de semana.

Así o comprobamos nesas tardes de cine na parcela do Museo do Pozo, onde cada xoves se pode disfrutar dunha fermosa sesión de cine en familia ao aire libre.

Ademais, a vila xalleira disfrutará tamén dun singular #SanCristovo en Santa Comba. Este domingo celebrarase a Festa do Verán co Mago Xacobe e cos humoristas da casa Federico Pérez e Marcos Pereiro.

Campamento Tecnolóxico

Compartimos tamén o singular campamento tecnolóxico que promove o concello, e para o que xa podedes inscribirvos.

Novas relacionadas