Sábado. 15.08.2020
El tiempo

Santa Comba devolve á tradición ás feiras

A violisnista Yasmina trae de volta os Cantares de Cego á feira de Santa Comba
A violisnista Yasmina trae de volta os Cantares de Cego á feira de Santa Comba
Santa Comba devolve á tradición ás feiras

Volveu convertirse a Feira de Santa Comba no tradicional centro de reunión social, ademais de ser o epicentro da venda da comarca de produtos das hortas e das matanzas da terra do Xallas.

Pero ademais, o Concello quixo recuperar aquel punto de encontro para a xente e para as mostras da cultura tradicional, algunha delas singulares, como que os cegos ou cegas tocaran as zanfonas ou o violín para divertimento dos feirantes e tratantes.

Esa tradición, prácticamente desapareciu nos anos 50 do século pasado, e tan só se conservou de maneira casi testimonial, pero dende este pasado sábado 4 de xullo, e durante todo o verán estes “Cantares de Cego”, volverán encher de maxia as feiras de Santa Comba.

Coa magnífica colaboración da Asociación #AxioMouro, estes cantares van amosando parte do patrimonio inmaterial xalleiro.

Igualmente a Feira do Gaiteiro é unha tradición xalleira que se iniciou durante a década dos anos 50, cando Xosé Ferrero, impulsor da primeira Banda de Música de Santa Comba, e outras forzas vivas xalleiras da época; impulsaron a creación dunha 3a feira mensual, a engadir ás 2 habituais instauradas no século XIX.

A Feira do Gaiteiro colleu un gran realce nos anos 60, cando o día da Feira en Santa Comba duraba ata a noite, con ducias de tabernas tradicionais onde se servían callos, carne asada e pulpo; o cine de Casimiro agotaba as súas localidades; a Sala de Festa xuntaba a mocidade da contornos; e, en fin, a xente tiña ganas de troula ata a mañanciña do martes. Os días da feira eran o marco para as actucións dos grandes artistas da época na Sala de Festa.

Esta tradición, esquecida practicamente, perviviu na lembranza dos que son agora os nosos maiores e a Asociación Cultural #AxioMouro e o Concello de Santa Comba recupérana durante as feiras de Xullo e agosto, e ogallá se volva a institucionalizar, como escaparate da nosa música e cultura tradicional.

AxioMouro na Feira de SAnta CombaGaiteiro de AxioMouro
O gaiteiro Jorge CasteloA Asociacion AxioMouro ameniza a Feira de Santa Comba
A Asociación Axio Mouro devolve a tradición á feira

comentarios