Un condutor de Santa Combra, sorprendido triplicando a taxa de alcolemia
24 de xuño de 2020 (13:56 h.)
Continúa a Garda Civil realizando numerosos controis de alcolemia na comarca. Esta semana, o Destacamento de Tráfico de Corcubión “cazou”, a altura do km.80 da AC-552, no termo municipal de Dumbría, un condutor (veciño de Santa Comba de 37 anos), cunha tasa de alcolemia de 0,88 mg/l e 0,87 na segunda proba, o triple do permitido.
Deste xeito, pasa a ser investigado por un delito contra a Seguridade Vial, e citado para comparecer no Xulgado de Corcubión nas vindeiras datas.
Novas relacionadas
- 15-06-2020: Investigan un condutor tras ser cazado por cuarta vez baixo os efectos do alcohol .
- 11-06: A Garda Civil detecta un menor conducindo sen carnet tras sufrir un accidente en Frixe.
- 03-06-2020: Dous positivos por alcohol tras sufrir sendos accidente en menos de 24 horas.