CxG podería perder un concelleiro en Santa Comba pero mantendo a súa posición chave

David Barberira, do CxG Santa Comba

Despois dunha semana das eleccións municipais do 26 de maio, os resultados en Santa Comba veñen de sufrir unha modificación que altera o número de concelleiros pero que mantén o posible goberno en absoluta incógnita. A Xunta Electoral aprobou unha reclamación do PSOE xalleiro sobre a acta dunha mesa en Vilar de Céltigos, onde segundo a reclamación se cambiaban os votos de PP e PSOE.

O PSOE sube así 67 votos, cos que sube de 5 a 6 concelleiros en detrimento de CxG, que perde o seu segundo concelleiro. Así e todo, o grupo de David Barbeira segue manténdose como peza chave para formar goberno, unha vez que PP e PSOE empatan a 6 edís, manténdose o PP como primeira forza.

CxG avanza que se prospera esta resolución presentará un recurso o que podería provocar o retraso do pleno de investidura e de formación da nova corporación, que debería celebrarse o vindeiro 15 de xuño.

Segue vixente así o o Pactómetro, a análise da situación sobre os posibles pactos, que publicábamos este venres, e na que xa avanzamos os posibles acordos de goberno.

Novas relacionadas